Thursday, June 07, 2007

¿POR QUÉ?

Decir que nunha guerra non hai vencedores e caer na palabrería fácil. Claro que non hai vencedores, cando remata unha guerra o único que queda son países destruidos, familias destrozadas e o ego dalgun gordo mandatario mais henchido se cabe.

Pais sen fillos e fillos sen pais, e o unico resultado, polomenos a miña vista, pero a certas persoas participar ou provocar directamente un conflicto pode supoñer unha morea de cartos (petróleo, gas, armas...) billetes bañados en sange, pero billetes o fin e o cabo.

E ainda que non o sepamos todos vivimos unha guerra ou unha posguerra, directa ou indirectamente. Aquí en Galiza seguimos desconfiando unhos dos outros coma se ainda fosemos Nacionales ou Roxos, a malloria dos vellos desconfían antes dun curman que dun señor con corbata moi ben falado que o único que busca e o carto.

Nunha guerra sempre hai dous bandos “os bos e os malos” , o curioso e que nunca se sabe quen e quen . Outra cousa indispensable nun conflicto e a lista de baixas, (soldados, civis) pero rara vez se fala dos que quedan, mulleres, ancians e nenos, e son estes últimos os peor parados, no mellor dos casos so teñen que ver como uns extranxeiros derruban a sua cidade con bombas, tanques etc...Son eles os que o final teran que levantar de novo todo o que os rodea, son eles os que teran que calar e cargar o resto da sua vida co odio que viviron, e eso non e doado pra un adulto canto mais pra un neno.
Nestas situacions e cando cobra sentido a frase preferida dos nenos cando son cativos
¿Por qué?

1 Comments:

Blogger VADA said...

Cuanta razon tienes ..... :**

1:17 AM  

Post a Comment

<< Home